Ola ola!!
A actividade que vos propoño para estos días ten varias partes:
O primeiro que imos facer é ver o vídeo onde poderemos escoitar unha canción que se chama "OS SETE ANANIÑOS" Espero que vos guste a canción que elexín. A mín encántame!
Gustouvos a canción? Está adicada a todos os nenos e nenas que estades na casiña e que o estades facendo moi ben. NORABOA!!!!
A letra da canción é de Paula Carballeira e a música de Germán Díaz.
Seguro que moitos lembrádesvos de Paula Carballeria, porque este curso pasámolo xenial nun contacontos. Quen se lembra da historia que nos contou? Pensade, pensade… o que se lembre pode escribir o título nos comentarios desta entrada.
A Germán Díaz seguro que moitos de vos tamén o coñecedes, é un músico que naceu en Valladolid pero que xa hai uns anos que vive no Arneiro, un sitio moi pretiño de Vilalba. Germán é un gran músico e toca varios instrumentos un pouco "rariños"😜
Fixádevos no vídeo porque nestos días deixareivos un pequeno cuestionario con preguntas del. Preguntiñas faciliñas como por exemplo: está Germán tocando algún instrumento? So un ou máis?....