domingo, 17 de maio de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Hoxe estamos de festa, é o Día da nosa cultura, da nosa lingua, das nosas costumes...
Cada ano adícase a unha persoa diferente e este ano o elexido foi Ricardo Carvalho Calero.
Aquí vos deixo unha canción baseada no pequeno relato que escribiu Carvalho Calero mentres se lembraba da súa infancia.
"As pitas baixo a choiva"



xoves, 14 de maio de 2020

OS SETE ANANIÑOS

Ola ola!!
A actividade que vos propoño para estos días ten varias partes: 
O primeiro que imos facer é ver o vídeo onde poderemos escoitar unha canción que se chama "OS SETE ANANIÑOS" Espero que vos guste a canción que elexín. A mín encántame!

Gustouvos a canción? Está adicada a todos os nenos e nenas que estades na casiña e que o estades facendo moi ben. NORABOA!!!!
A letra da canción é de Paula Carballeira e a música de Germán Díaz.
Seguro que moitos lembrádesvos de Paula Carballeria, porque este curso pasámolo xenial nun contacontos. Quen se lembra da historia que nos contou? Pensade, pensade… o que se lembre pode escribir o título nos comentarios desta entrada.
A Germán Díaz seguro que moitos de vos tamén o coñecedes, é un músico que naceu en Valladolid pero que xa hai uns anos que vive no Arneiro, un sitio moi pretiño de Vilalba. Germán é un gran músico e toca varios instrumentos un pouco "rariños"😜
Fixádevos no vídeo porque nestos días deixareivos un pequeno cuestionario con preguntas del. Preguntiñas faciliñas como por exemplo: está Germán tocando algún instrumento? So un ou máis?....





sábado, 2 de maio de 2020

FACEMOS RITMO CON VASOS


Para comezar a traballar e poñernos as pilas nesta 3ª Avaliación, non atopei mellor forma que facelo que con RITMO.
Xa sabedes que o ritmo forma parte de todo o que nos rodea, da nosa vida e do noso corpo. Todo o que nos rodea ten ritmo.

Neste vídeo tedes un ritmo con vasos para acompañar a canción "Havana" de Camila Cabello, que debedes practicar e cando vos saia, pedídelle a alguén que vos grave e enviádeme o vídeo como documento adxunto ao meu correo electrónico alejandravazquez@edu.xunta.es



Se tedes calquera dúbida preguntádeme deixando un comentario aquí abaixo ou a través do correo electrónico.

Espero os vosos vídeos!!

Moito ánimo e un biquiño!!

luns, 20 de abril de 2020

BENVID@S

Benvid@s a todos!!

Este blogue vai a ser o noso medio de comunicación e de expresión, nel ireivos colgando cousiñas para que podamos seguir aprendendo.

A miña primeira entrada está relacionada con comezar, xa que este é un novo proxecto polo que a actividade tiña que estar relaconada co nacemento e non hai nada mellor que o nacemento dun novo día onde as cousas sairán mellor. Aquí vos deixo unha audición para ir abrindo as nosas orellas a novos sons.






FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!! Hoxe estamos de festa, é o Día da nosa cultura, da nosa lingua, das nosas costumes... Cada ano adícas...