sábado, 2 de maio de 2020

FACEMOS RITMO CON VASOS


Para comezar a traballar e poñernos as pilas nesta 3ª Avaliación, non atopei mellor forma que facelo que con RITMO.
Xa sabedes que o ritmo forma parte de todo o que nos rodea, da nosa vida e do noso corpo. Todo o que nos rodea ten ritmo.

Neste vídeo tedes un ritmo con vasos para acompañar a canción "Havana" de Camila Cabello, que debedes practicar e cando vos saia, pedídelle a alguén que vos grave e enviádeme o vídeo como documento adxunto ao meu correo electrónico alejandravazquez@edu.xunta.es



Se tedes calquera dúbida preguntádeme deixando un comentario aquí abaixo ou a través do correo electrónico.

Espero os vosos vídeos!!

Moito ánimo e un biquiño!!

3 comentarios:

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!! Hoxe estamos de festa, é o Día da nosa cultura, da nosa lingua, das nosas costumes... Cada ano adícas...